4/2/09

Viaxe a Grecia


O Departamento de Grego do IES Paseo das Pontes da Coruña, coa colaboración do Departamento de Latín está a organizar unha viaxe a Grecia cos alumnos de Humanidades e Ciencias Sociais co obxectivo de dar a coñecer os principais escenarios onde floreceu a civilización grega. Estaremos en terras helénicas seis días seguindo o seguinte programa:

19 de marzo: A Coruña - Madrid- Atenas

Tomaremos o enlace en Madrid ás 11:40 para chegar a Atenas ás 16:10, hora local. Nesta tarde realizaremos unha breve visita pola cidade.

20 de marzo: Circuito polo Peloponeso

Despois dunha breve parada no Canal de Corinto, continuamos a viaxe ata Micenas, onde visitaremos a súa Acrópole, a Porta dos Leóns, a Tumba de Agamenón... Seguiremos ata Epidauro, visitando o seu teatro e o santuario de Asklepios. Aloxarémonos en Olimpia.

21 de marzo: Olimpia - Delfos

Visita de Olimpia: Estadio, santuario de Zeus, Museo... Saída para Delfos.

22 de marzo: Delfos - Atenas

En Delfos visitaremos o santuario de Apolo e o seu maravilloso entorno: o monte Parnaso, a fonte Castalia, a Marmaria, o Museo Arqueolóxico...

23 e 24 de marzo: Atenas

Estes dous días, ata o momento do regreso, adicarémolos á visita dos lugares máis emblemáticos da capital de Grecia: Acrópole, Ágora, Museo Arqueolóxico, barrios de Plaka e Monastiraki...

Coa esperanza de que esta viaxe resulte enriquecedora para os nosos alumnos, só nos queda desexar καλό ταξίδι

No hay comentarios: