O pasado mes de novembro comezou para min unha nova aventura no mundo das TICs. O grupo Chiron viña a Santiago para impartir un curso para profes de Clásicas organizado pola Delegación Galega da SEEC e pola Universidade de Santiago de Compostela.
Chiron é un sitio 2.0 pensado para a colaboración. Eu sabía o que era pero non sabía o que me esperaba. Hei de dicir que o meu manexo das TICs non eran as dun virtuoso da informática nin moito menos, polo que empecei con medo ao mesmo tempo que cunha gran ilusión.
A aventura non puido ter mellor comezo. A fase presencial foi "peculiar" por non dicir "pavera" cando comprobamos que os deuses informáticos da Xunta que nos deberían proveer non estavan operativos, polo que, gracias á pericia duns profesores que saben ben o que fan e como facelo, pasamos rapidamente das TICs á xiz.
Nin que dicir ten que a cantidade de información saturou nun primeiro momento e houbo que dixerila durante varios días para poñerse ao traballo. Pero unha vez feito isto, aquí estou, inaugurando este blog que pretende ser útil e práctico para ilustrar e completar as miñas clases

3 comentarios:
Seguro que los dioses van a acompañarte en esta aventura, así que no te preocupes, que no hay monstruos invencibles en este mar. Muchos ánimos en esta aventura, espero que la disfrutes.
Coa invocación á musa, seguro que a inspiración non falla. Agardo un articuliño sobre a viaxe a Grecia. Cando ides?. Nós imos antes de Semana Santa e darei conta no blog. bicos e καλό ταξίδι
Síntome moi próxima a ti no que sintes e sentías coas novas tecnoloxías pero o blog tenme encandilada, non paso un só día que non pense nel, busque algo ou proxecte unha cousa nova. Espero que a ti che suceda o mesmo.
Un saudiño e felicitacións polo teu blog, que seguirei encantada.
Publicar un comentario